02:23
0
 
 

O MEU PLE

Este mapa da miña contorna de aprendizaxe persoal está basado no debuxo que vimos desenvolver a Jordi Adell nun vídeo proxectado na sesión presencial de Carlos Parada Gandos sobre a web 2.0 para a orientación laboral.

Intenta ser una reflexión que abrangue as ferramentas, os recursos e os espacios de recursos sociais que se forneceron coa a asistencia a este curso. Eu partía dun uso limitado e puntual das posibilidades da web: Google, o correo electrónico (Yahoo) e Facebook eran os recursos que máis adoitaba usar, así como os programas do meu traballo  nos que manexamos a introdución de datos dos usuarios dos servizos da Xunta.

 

 

O que me parece moi interesante é ter en conta as ferramentas que podemos usar para filtrar, elaborar e comunicar a información que atopamos nos recursos tan xerais como Google, YouTube, ata outras máis específicos, coma no meu caso poden ser o SPEG, o SEPE, ou a Intranet da Xunta de Galicia. Este proceso cobra o seu sentido total cando compartimos eses contidos, ben directamente cos colegas de traballo ou amizades,  ou ben a través de "obxectos" nos espacios ou ágoras que son xeneradas polas Redes Sociais. Supoño que, como en toda relación social, o ser xeneroso e xerar relacións de confianza ten que ser unha máxima de comportamento. E por suposto, o ter adiada esta identidade dixital é fundamental para estar continuamente comunicada e actualizada nos eidos profesionais e personais.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios