Curación de Contidos: Reflexión sobre o proceso

A hora de informarnos temos que realizar diferentes procesos de busca, selección e organización daqueles contidos que nos parecen mais relevantes. Sen embargo, este proceso pode ser non tan sinxelo como pensamos, chegando a saturarnos con tanta información dispoñible e, debido a ese exceso de información, podemos chegar a un punto no que non somos capaces de distinguir a información relevante da que non o é, deixando escapar outra información que sí podía ser do nos interese.



Para evitar chegar a esta situación o que debemos facer é facer unha Curación de Contidos e relacionado con iso unha filtaxe e agregación. Explicaremos pois a que nos referimos con éstos termos:

  • Filtraxe: consiste en seleccionar aquela información que está mais relacionada co nos tema de interese. É dicir, seleccionaremos aquela información que nos sexa mais relevante e mais útil.
  • Agregación: unha vez seleccionada a información, debemos recompilala, aglutinala nun mesmo lugar, de forma que a teñamos toda xunta a man.
  • Curación: unha vez seleccionada e recompilada a información o seguinte e último paso é conservar e manter dita información, a vez que podemos ir engadindo mais datos a medida que o precisemos.

Na teoría todos estes pasos parecen moi sinxelos, sen embargo seguimos na posibilidade de volver saturarnos e sen distinguir a información máis valiosa da que non o é. Para iso podemos botar man dunhas ferramentas que nos van a facilitar o proceso, que van a traballar por asi decilo “por nós” e que elas soas nos van a agregar, filtar e curar os contidos. 

Existen varias ferramentas para este fin, sen embrago eu vou a presentarvos dúas delas: Feddly e Scoop.it. 


Feedly é unha ferramenta nos vai axudar a organizar e clasificar en categorías todas as nosas fontes de información e páxinas web, para o cal vai empregar o denominado RSS das páxinas web. Pola tanto é imprescindible que as nosas páxinas web de interse teñan a opción RSS, xa que do contrario non poderemos engadilas.

Na seguinte imaxes podemos ver un exemplo. A man esquerda da imaxe podemos observar cómo están clasificadas por temas (emprego, organismos pñublicos,Orinetación, Xunta de Galicia, etc…) todas as páxinas de interese para min sobre un determinado tema. No caso de que premeramos sobre unha desas páxinas apareceríamos, na parte dereita da imaxe, todas as novas que publicaron. 

Importante saber que sempre poderemos engadir mais temas ou páxinas web buscando no apartado “Add Content” ou eliminar, organizar e editar cada unha das categorías e páxinas.


Feedly


Scoop.it é outra ferramenta pertencente aos denominados agregadores de contidos que nos vai permitir recompilar nun mesmo espazo aquelas publicación de páxinas web que sexan do nos interese. Para iso emprega uns denominados “tópicos” ou temas do noso interese profesional, dentro dos cales van estar aquelas “palabras chave”, as cales van recoller toda a información e publicacións relacionadas con esas palabras seleccionadas. 

Na seguintes imaxes poderemos ver un exemplo. Neste caso o “tópico” ou tema de interés creado foi o de “Orientación laboral” e así o reflexa a primeira das imaxes. Unha vez accedemos ao tópico, tal e como apreciamos na segunda imaxe, vemos como unha especie de “tablón de anuncios” nos que van saindo todas as publicación relacionadas coas palabras chave que houberamos sinalado.  Para agregar as palabras chave so temos que engadilas no apartado “ Suggestions” tal e como reflexa a imaxen 3.

Ao igual que no caso da ferramenta presentada anteriormente, sempre poderemos engadir mais palabras chave ou borrar as seleccionadas nun principio.

Imaxe 1 Scoop.it


Imaxe 2 Scoop.it



Imaxe 3: Scoop.it


Agora que temos unha idea sobre o funcionamento e uso desta ferramentas o seguinte e último paso e contavos a miña opinión sobre as mesmas. Dende o meu punto de vista non podemos negar a utilidade que teñen estas ferramentas a hora de ter recompilada nun mesmo espazo e de xeito inmediato toda a información que sexa relevante para nos, sen ter que recorrer a cada unha das súas páxinas web. Moita xente pensará que para poder acceder de xeito inmediato a cada unha das nosas páxinas web podemos empregar tamén os marcadores dentro dos nosos buscadores, sen embargo, permitídeme decirvos que non é o mesmo, xa que no caso do marcadores temos que ir accedendo cada páxina web unha por unha para ver a sua información e no caso de Feddly e Scoop.it xa a temos recompilada no mesmo espazo.

A pesares de todo isto e ao meu parecer non é todo ouro o que reluce e véxolle algúns aspectos non tan positivos a estas ferramentas que vos presentei. 

No caso de Feedly ten como inconvinte que, se alguna das nosas páxina web de interese non teñen RSS xa non as podemos engadir ao noso espazo, e seguiremos na rutina de sempre de acceder a mesma a través da súa páxina web. 

No caso de Scoop.it sinalaríalle como inconvinte o feito de que, ao empregar palabras chave para obter a información, a fonte da que procede esa información é moi diversa e variada e pode non ser do noso gusto ou pode non proceder exactamente da nosas paxinas de interese.




0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios