Pero isto da curación dos contidos, que demo é?
(tradución libre ao galego desta entrada; fai click neste título é o entenderás...)


É certo que este personaxe lle engade "valor" as obras expostas pola relación que establece entre elas, e quizás ese é o punto de conexión co ese novo "curador de contidos", que nalgún blog que xa non recordo, ¿ou si?, danlle o nome de documentalista dixital, denominación da que gosto máis, por sentila máis chea de contido que a tradución literal do "content curator".

Como podedes ver en Feedly, seleccionei un tema de interese para min esta semana, "Empleo",posto que teño que dinamizar este tópico no Facebook. Aquí xa atopo directamente novas (teño 62 artigos sen leer) para poder seleccionar e compartir no meu Facebook. Nun primer contacto pensei que esta aplicación era como ter "meus favoritos" na internet. Pero é moito máis que isto: accedo ás actualizacións desas páxinas que considero de interese e relacionadas cos temas que nomeei: coaching, empleo, habilidades sociales, innovación y emprendimiento, noticias, e orientación laboral.
En Scoop.it o traballo é diferente: un só tópico "Orientación Laboral" con palabras chave que lle axudan a seleccionar as entradas relacionadas (cursos de formación, ofertas de trabajo, orientador laboral, e orientación laboral). Se o contido me interesa, o selecciono con Scoop.it!; e entón é cando podo engadir comentarios e "curar" o contido. A continuación o publico, e así vou conformando un tópico de achegas filtradas e comentadas, para finalmente compartilas na súa publicación.
Pero as ferramentas, só son eso; estamos a necesitar un proceso ou método de como usalas, porque teño claro que necesitan do toque humano que as encha de valor e sentido: a recopilación de contido só ten cabida cando lle damos forma pola súa agrupación, filtraxe e aportación propia, de tal xeito que o volvelas a deixar na rede aporten algo novo a esa intelixencia colectiva que parece ser a Web 2.0.
Neste vídeo sobre a burbulla de filtros na curación de contidos, anticípasenos algún problemas que poden dar os filtros alleos na curación independiente de contidos.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios