01:29
0

 

Reflexión sobre: 

-A orientación laboral e as competencias

- O desenvolvemento das competencias comunicativas

- A web 2.0 para a orientación laboral

- Competencias dixitais para a orientación laboral.


Facer esta reflexión sobre este bloque costoume moito esforzo. Por unha banda leín moitas aportaciaóns dos compañeiros, algunhas delas tan completas ou tan imaxinativas que non sabía que máis se podía dicir; por outro lado  atopaba a dificultade de comentar  dun xeito integrador competencias que a min parecíanme antágonicas: o mundo das competencias comunicativas e sociais, e as competencias dixitais

 

 

 

As primeiras sonábanme por seguir varios cursos de atención ao/á cidadán/-ana, que me familiarizaron con termos como asertividade, escoita activa, empatía...; cando atendes ao público, aínda que non sexas orientadora tes que aprender a manexar habilidades sociais e estratexias comunicativas que logren o obxectivo de entender ao usuario (que as veces non e pouco) e co engadido de facelo cun sistema de preguntas-respostas que economice o tempo e os esforzos comunicativos.



 Nestes cursos de atención aos cidadáns falábase de dous tipos de  intelixencia emocional:

interpersoal

e  intrapersoal.





 ¿Pódese aprender esta intelixencia? Hai xente que ten condicións innatas pero seguro que si as coñecemos e as facemos "visibles" na nosa comunicación, podemos chegar a un nivel de adestramento aceptable.

 

 Na práctica da Orientación Laboral  menciónanse unha multitude de competencias, tanto de tipo comunicativo, como de coñecementos, ou de tipo metodolóxico  e didáctico, ou de traballo cooperativo con outros profesionais ou traballadores sociais; en fin un profesional que ten que manexar  técnicas de psicoloxía ou terapia psicolóxica,  tentar ser un analista de situacións ou de perfís profesionais, con actualización constante, capaz de deseñar programas de Inserción laboral...  As competencias pódense sistematizar, clasificar, pero o que mellor resume esas competencias e ese conxunto de saberes que inclúen coñecementos, destrezas, actitudes, medios, recursos e incluso motivación. 

Tomado de http://goo.gl/NTfvLa


 


O novo concepto que descubrín foi a Web 2.0, obtendo una panorámica das ferramentas e servizos desta web 2.0 que poden empregar as persoas adicadas a O.L. Aínda que a realidade das oficinas de emprego  deixame perplexa: o querer acceder ao Feedly, ou a Facebook, ou a Twitter... é imposible; estas aplicacións ou non están "certificadas" ou o navegador é moi antigo... Curiosamente a Web 2.0 terá que esperar nos servizos de emprego de Galicia, porque nin se poden empregar estes coñecementos, nin poñelos a disposición dos usuarios, cara a búsqueda de emprego ou de novas posibilidades de emprendemento.

 

Pero nin todo ha de ser negativo: despois de anos facendo buscas en Google dun xeito desesperante (con miles de entradas, sen atopar o criterio de escolla axeitado), foi todo un descubrimento a posibilidade de deseñar unha estratexia de busca da información e coñecer parámetros para avaliar unha fonte de información na rede; ou atopar ferramentas, como Scoop.it, que agregan, filtran e danche incluso a posibilidade de enriquecer con comentarios ou con creacións propias,  os contidos atopados.


 

 Esta nube de ferramentas e servizos web 2.0, axudaranme a construír e fortalecer a miña Contorna Personal de Apredizaxe (PLE). Pon de manifesto a importancia que chegará a ter na miña Rede Persoal de Aprendizaxe, empregando ferramentas que me permitan traballar de forma colaborativa. A Web 2.0 será un soporte necesario e coido que imprescindible.

Neste senso a reflexión do blog Pere Orienta paréceme moi interesante cando pensamos que só interesa a certos profesionais este uso das redes sociais.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios