O día que Carlos explicou na clase o que era o PLE non fun e cando mo explicaron entendín que era coma un CV onde amosara de onde me veñen os coñecementos que teño.
Segundo fun vendo as imaxes do resto fun comprendendo que a miña idea orixinal non era a axeitada e que o PLE é algo máis como a imaxe que vos presento agora.
O meu PLE é a miña páxina de inicio do navegador. Cando abro internet esta é a páxina que me aparece e desde ela accedo a toda a información que me interesa, tanto á que busco, como á que me chega, como á que eu almaceno como á que eu envío.
Ademais da información, teño acceso desde aquí a todas as ferramentas que utilizo no meu traballo e vida personal.
Espero ter acertado agora coa idea do que é o PLE.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios