A
orientación concíbese cada vez máis como un proceso continuo que se
inicia nas primeiras idades do individuo e remata ao final da súa vida. A
orientación non se concibe como algo periférico ou marxinal ao propio marco
escolar.

Educación e Traballo, as dúas consellerías
que sempre se encontran (formación, certificados de profesionalidade,
orientación…), por qué uns orientadores teñen que superar unha oposición, cun
temario establecido, mentras que outros non teñen nin que ter un curso de orientación
laboral ou outra formación específica para acceder ao posto?
Facendo unha boa
orientación laboral desde o instituto conseguiríase reducir o abandono escolar
e unha mellor incorporación ao mercado laboral? Educación por competencias e
non por contidos? Máis autoestima e autocoñecemento e menos datos?
Todos nacemos xenios, xa sabemos o que nos fai
o sistema educativo. E se nono lembras, só tes que mirar o lino.it do día que
veu Fernando a falarnos da comunicación!

De ser unha ferramenta para mellorar a empregabilidade da xente
con menos posibilidades de incorporación ao mercado laboral, convertíronse nun
pase, nun cheque en blanco para acceder a cursos para cobrar a axuda de
asistencia, moitas non, moitísimas veces sen ter o menor interese no contido do
curso. É unha vergonza! Como pode ser que collan nun curso de cociña a un
enxeñeiro que non ten o máis mínimo interese en ser cociñeiro, nin a nivel
laboral nin a nivel persoal, e que vai ao curso botando pestes e sen
posibilidade de renunciar porque o ten no IPI, e deixen fóra a xente que está
realmente interesada no curso e que incluso xa ten feitos algúns dos módulos?
Para un o consolo é que polo menos cobra, o outro non ten consolo, só bota
pestes contra o Servizo Público de Emprego.
A prospección de empresas, ese callo malayo
que ruxe ruxe na conciencia.

Desde hai dous anos
ese traballo nono fai ninguén. Eu non me sinto capacitada, sobre todo por falta
de tempo. Falta de tempo? Diredes. Pois si.
Eu non sei noutros concellos pero
no meu podo asegurarvos que o orientador laboral non se encarga só das
entrevistas de orientación que marca a axenda, o orientador é o punto de
referencia que ten o concello e os veciños do concello e incluso algúns veciños
de outros concellos para todos os temas relacionados coa formación (cursos AFD,
programa de formación municipal, competencias clave, acceso a ciclos, título da
ESO e bacharelato a distancia…), o emprego (bolsa de emprego, obradoiro de
emprego, plan integrado para o emprego, convocatorias de certificados de
profesionalidade…) e a orientación
laboral (busca de emprego, CV, ofertas…).
Sair en horario de oficina fóra da
oficina? Imposible! Roubándolle o tempo a outras cousas e cando non queda outro
remedio!
Por moita teoría que saibas, que leas, que
vexas… é totalmente imposible que aprendas a facer un plan de empresa se non
fas un.

E
poste a facer o plan de empresa e:
1. A metade do que che contaron non che vale
para nada, que ti non queres montar un Inditex!
2. A metade da metade que che
vale para algo non sabes cómo aplicalo a non ser que teñas moi claras as contas e non che importe
aventurarte con hipóteses a cinco anos.
3. Para facer o plan de empresa, como
para todo na vida, é moi importante ter amigos, sobre todo amigos que che
saiban botar unha man coa parte económica e que che saiban poñer os pés na
terra para non irte polos cerros de Úbeda, que a idea que ti tes sempre é
marabillosa e sempre lle vés moitas posibilidades! E unha vez que o tes feito,
o primeiro que pensas é, “pois tampouco era para tanto”. Pero hai que facelo.
Estamos preparados para ser ese amigo que che pon os pés na terra?
Que grande descubrimento o networking!

Bares, que lugares! As sesións eran en diferentes bares da cidade e
nunha delas tamén fixeron a técnica do ascensor! (foi a primeira vez que oín
falar dela)
A sesión á que eu fun consistiu nunha pequena exposición de 20
minutos sobre a creatividade (dinámica e creativa), descanso para tomar
contacto cos outros asistentes e intercambiar tarxetas e experiencias, outros
20 minutos falando de financiamento (menos dinámica e creativa) e despois foi
como volver á infancia-xuventude con xogos de dinámicas de grupos para
coñecernos e relacionarnos. Estivo moi ben!
E despois desto, que saín eu toda
emocionada e encantada coa idea do networking, veñen ao curso a falarnos da
Laconnet! En xaneiro nona perdo!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios