Máis que reflexións sensacións, porque vendo estes cinco temas se me paro a reflexionar e meditar tan só a metade do que di Fernando sobre a miña vida laboral e en como esta lle afecta ás outras facetas da MIÑA VIDA penso que fago coma o seu amigo e mañán mesmo lle presento a carta de dimisión ao alcalde (chegaríamos a acordo para poder cobrar o paro? Se é así...).
Por iso vou falar de sensacións.

Hai que ter tantos coñecementos, tantos recursos, tantas habilidades, saber ser, saber facer, saber estar..., tantas e tantas cousas! Realmente haberá alguén que acumule no seu ser tantísimas cualidades? A min personalmente paréceme imposible. Lendo o tema seis, xa me fundín na miseria, se chego a ser a metade de boa que parece ser que hai que ser para ser orientadora laboral, xa vos digo eu que non estaba aquí, estaría a tomar o sol na miña illa caribeña e outros traballando para min! Se chego a ter todas esas cualidades me río del pequeño Nicolás ese! Que bo orientador faría! Ía atopar traballo para todos en menos de nada!
E xa eu estaba pouco desanimada cando chega Fernando e me di que aínda por riba de todo o anterior, COACHING INCLUÍDO, QUE SEICA TEÑO QUE SER UNHA BOA COACHER!, teño que ter unhas habilidades de comunicación vamos, case coma Mandela! Alguén se parou a pensar sequera durante 20 segundos "agora vaime entrar esta persoa que non coñezo de nada pero que pola pinta parece..., teño que ser asertiva, facer feedback, escoitala de xeito activo (como era iso? como se facía?), coidado cos xestos! a comunicacion non verbal! Ai mimá, que xa está dentro! Canto tempo levará aí sentada?" A min personalmente é que non me dá tempo.

Pero a peor sensación que teño débolla sen dúbida aos dous últimos temas. Eu sempre me considerei unha persoa aberta ás novas tecnoloxías, bastante exquisita no seu uso, hei de decir, pois aínda que coñezo algunhas o certo é que só utilizaba as que me parecían prácticas. Ata que cheguei a este curso! Estou empezando a odialas!
Levo dous meses que teño a sensación de que ando coa oficina ás costas todo o día, estea traballando ou non, estea en horario laboral ou non, sexa luns, xoves ou domingo, dá igual! Estou sempre co traballo ás costas! E se fora empresaria autónoma non me importaría, pero isto estame poñendo dos nervios!
O
de ter presenza en about.me, google+, ter blog... non me importa, é adicarlle un par de horas e de vez en cando botarlle un ollo. Pero o de estar a seguir no twitter, no facebook (xa o tiña, pecheino e agora a volver a abrilo!), no feedly, no scoop-it... canto tempo do meu me está facendo perder!

Moi útiles, nono nego, sobre todo as de curación, pero que cantidade de horas me están quitando para estar cos amigos (que incluso tomando o café me descubro ás veces lendo o twitter!), ca familia, co can ou ca miña cama e a miña tele! Pero moi útiles, insisto, sen dúbida.
Para que me entendades, póñovos aquí un pequeno vídeo que fixen, coa inestimable axuda de Armando, o bibliotecario de Brión, para que vexades de que falo:
0 comentarios:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios