MARCO CONCEPTUAL:
MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
MERCADO DE TRABALLO
CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL
 |
ENCAIXAR CONCEPTOS |
É difícil facer una reflexión fonda e coherente destes temas, pola densidade e complexidade do seu contido. Non quero facer un resumo, senon unha valoración sobre o que me aportaron esta morea de coñecementos que considero fundamentais para ter un marco teórico no que apoiar as accións da orientación laboral.
Algún deles como o mercado de traballo, a iniciativa emprendora, ou o concepto de plan de empresa significáronse pola súa importancia para orientar ás/aos usuarios sobre as tendencias do mercado de traballo , facilitando as vías de acceso á formación e reciclaxe. A idea inicial que eu tiña era que a axuda para unha idea emprendedora o para un plan de empresa estaba máis preto da figura do axente de emprego. Os axentes de emprego
Outros contidos como a composición e funcións do Servizo Público de Emprego de Galicia, as demandas de emprego, a súa clasificación, a formación... son temas cos que se traballan nunha oficina de emprego e sonme máis próximos. Quero lembrar unha referencia a área de contratos: unha das claves das políticas activas de emprego son as bonificacións e subvencións na contratación, con medidas como os contratos indefinidos de "tarifa plana". Nas oficinas ofrecemos información dos diferentes tipos de contratos aos empresarios e tamén aos demandantes, que dese xeito se poden "vender" mellor no mercado laboral. Pode ser unha ferramenta informativa valiosa para unha persona adicada a orientación laboral.
 |
Elena González de
la Cámara Cayuela |
Así mesmo, a capacidade de informar e orientar sobre o novo marco de competencias profesionais, as vías se acceso e os mecanismos para a obtención de competencias clave e certificados profesionais, teñen que estar presente no traballo cotiá dunha oficina de emprego. Nas áreas de formación e demandas da oficina, o usuario pode recibir a primeira información da importancia de acreditar o coñecemento e/ou experiencia de traballo para incrementar a súa empregabilidade. Foi moi interesante afondar e clarificar conceptos neste apartado coa interesante ponencia de Elena González de la Cámara Cayuela.
A política social e de emprego da Unión Europea sorprendeume pola gran cantidade de programas, axudas, subvencións, bolsas, etc, para mellora da empregabilidade tanto por conta propia como por conta allea , ou as posibilidades de ampliación de formación académica e profesional. Necesitarei tempo para asimilar todos os recursos e familiarizarme con eles; hai que ter claros uns criterios de discriminación para axeitalos ao perfil da persoa usuaria. O meu coñecemento limitábase a rede Eures e a posibilidade de contacto cos conselleiros Eures, para as persoas interesadas na procura de emprego en Europa. Parece necesario e urxente mellorar as competencias en linguas estranxeiras para que estes recursos sexan accesibles.
 |
A posibilidade de trasladar certificacións e competencias a todos os países da Unión Europea |
0 comentarios:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios