Reflexión Módulo 2: Marco Personal da Orientación Laboral


Antes de comezar a abordar cada un dos apartado que configuran este novo módulo, deixar claro que, dentro de cada orientador hai unha persoa a cal ten unha determinadas habilidades e unha determinada personalidade. Sen embargo, cando desenvolve a súa labor como orientador/a, existen outras determinadas competencia e habilidades que son imprescindibles para o seu desenvolvemento profesional, e que lle axudan a ofrecer o mellor servizo posible. Tampouco debe esquecer que o seu traballo está dirixido a un público, o cal ten que ser atendido das mellores maneiras e, que o seu orientador de referencia, teña as mellores competencias e habilidades posibles.

  • Tema 6: A orientación laboral e as competencias.

En relación a este primeiro tema do módulo decir que, maís aló da orixe e concepto da Orientación Laboral, o que debemos destacar é o perfil e as competencias que debe ter un/ha bo orientador/a laboral. Nesta liña, todo/a orientador/a debe ser consciente de que debe saber comunicar, ter práctica no dominio de determinadas técnicas que lle axuden no desenvolvemento do seu labor, empregar as novas tecnoloxías, no seu día a día, etc… É decir, debe estar dotado obrigatoriamente duns determinados coñecementos, destrezas e ter unha determinada actitude. Non hai que esquecer que o traballo de orientador non é algo obrigatorio, cada persoa decide a que quere dedicarse e , neste caso, de unha persoa decide ser orientador/a, ten a obriga de adquirir unha serie de coñecementos e adoptar unha serie de actitudes xa que traballa por e para o público,

  • Tema 7: Desenvolvemento de competencias comunicativas.

Se no tema anterior falabamos das competencia que debe ter un/ha orientador/a, neste caos vamos a falar da competencia comunicativa. Persoalmente penso que esta competencia é algo fundamental no traballo dun/ha orientador/a. Debe ser consciente de que traballa cara un público e que este publico debe entender o que lle están a decir. Da orientación forma parte saber entender e, se un/ha orientado/a non entende o que están a decir, malamente saberá que camiño lle recomendar seguir na procura de emprego, formación, etc…

O/A orientador/a debe preocuparse porque os seus orientados entendan e nesta labor entra en funcionamento as palabras que empregue ou os xestos. Deber saber escoitar e de xeito activo, para que poida atender mellor ao seu público. Debe poñerse no lugar do seu orientado a hora de abordar unha problemática e buscar unha solución. En xeral, debe ter unha boa competencia comunicativa, saber escoitar e saber falar, controlar os seus xestos e sobre todo a expresión do seu rosto, xa que non debe esquecer que máis aló da palabra verbal está a corporal.

  • Tema 8: Habilidades e competencias sociais.
Outro tipo de competencias que todo/a orientador/a debe posuír son as competencias sociais. Aquí pode entra en conflito, ou non, a personalidade de cada orientador/a, xa que cada persoa é dunha determinada maneira. Neste sentido independentemente da súa personalidade, todo orientador/a debe ser proactivo e controlar a súa conducta, sen deixarse levar pola pasividade, xa que moitas veces este compoñente negativo fai que esquecer a que nos estamos dedicando e a quen lle estamos a dar servizo. Tamén debe ser empático e asertivo, sabendo poñerse no lugar do outro e comprendelo. A hora de tomar unha decisión ou orientar a unha persoa debe poñerse no seu lugar e tratar de comprendelo para saber que camiño lle iria mellor. Debe saber explicarlle as cousas do mellor xeito posible. Ademais estas competencia tamén lle serven para o seu trato con outros profesionais, xa que en ocasións, cando temos que orientar a algunha persoa temos que botar man doutras persoas.

  • Tema 9: A web 2.0 para a Orientación Laboral.

Ata aquí estibemos abordando aspectos relativos a personalidade e saber actuar de todo/a orientador/a. Agora toca falar do aprendizaxe e adquisición doutro tipo de competencias que mais traballo ou esforzo lle pode dar a calquer orientador/a. Estamos a falar da competencia dixital e do uso das novas tecnoloxías.

Non podemos negar que, aínda que se pode considera algo mais recente, a competencia dixital é unha competencia máis dentro da nosas vidas. É por este motivo polo que non podemos esquecela e deixala de lado. Ademais das obrigas anteriores, a adquisición dunha competencia dixital é igualmente necesaria. Neste sentido debemos coñecer a Web 2.0 e a súa relación coa Orientación laboral. As TIC están cada vez mais presentes nas novas vidas e o ámbito laboral non vai ser menos. Así pois, todo/a orientador/a deber coñecelas e,o mais importante, saber empregalas na seu trabalo diario, xa que, se as sociedades cambian os seus usuarios e o coñecementos deles tamén. Non podemos permitir que un orientador saiba mais que un orientador no relativo as novas tecnoloxía, de ahí que sexa importante coñecelas e saber empregalas, así como a súa utilidade.

  • Tema 10: Competencias dixitais para a Orientación Laboral.

Centrándonos agora no uso das Competencias dixitais na
Orientación Laboral, existen moitas ferramentas descoñecidas, e polo tanto, tamén se descoñece a utilidade das mesmas. Se nos parásemos a pensar no noso Entorno Persoal de Aprendizaxe, seguramente atopariamos diferenzas entre o PLE das persoas mais maiores e o das persoas máis xóvenes, o cal seguramente está influído por unha gran cantidade de novas tecnoloxías. Centrándonos no ámbito laboral, ben e coñecido por todos a necesidade dunha actualización constante dos noso coñecementos. Agora ben, que tipo de actualización levamos a cabo? Seguramente reforzamos mais aspectos que xa coñecemos, é decir, non saimos da nosa zona de confort. Pois permitideme decirvos que, non vos estades actualizando correctamente. O que estades a face é actualizar soamente a vosa zona de confort e a actualización vai máis aló.


Feedly; RSS; Abou.me; Taxdego; Google Drive; Storify; Scoop.it; Dropbox; Bloguer; Twitter; Linkedin; Facebook, etc.. Cantos de vos coñecedes estas ferramentas? Sabes o uso que lle podedes dar no voso traballo? Se a resposta é poucas e Non pois a vosa actualización creo que non está actualizada.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios