11:36
0

A Orientación laboral e as súas funcións

Cando falamos das comeptencias e capacidades que debe de ter un/ha orientaor/a laboral, faise referencia aos principios de individualización, flexibilidade, e desenvolvemento /procura da autonomía. 
E debe cumprir as seguintes cometencias:

  1. hablidades sociais e persoais para a comunicación.
  2. Coñecemento da lexislación, normativa específica e recursos de emprego, prestacións, fiscalidade...
  3. dominio de metodoloxía didáctica para prestar técnicas para o acceso emprego e empregabilidade.
  4. traballo cooperativo e procura de ligacións.
  5. dominio de técnicas de Psicoloxía clínica e terapia psicolóxica.
  6. análise da situación e de axuda na toma de decisións.
  7. análise de perfís profesionais e prospección de emprego.
  8. actualización permanente.
  9. manexo de tecnoloxías da información e da comunicación.
  10. e Deseño de programas de inserción laboral.

Polo que debe de ser unha persoa COMPETENTE. Non só se lle pide saber (competencia técnica) e saber facer (competencia metodolóxica), senón tambén saber estar (competencia participativa) e no fondo saber ser (competencia persoal).

Debido a pouca experiencia que teño como Orientadora, só podo tratar de temas que levei a cabo durante a miña experiencia como Formadora de Inserción Sociolaboral e como Educadora Social con colectivos en risco de exclusión social. 

Inserción Sociolaboral de Colectivos en Risco de Exclusión Social

As características comúns que puiden apreciar para fomentar a Inserción Sociolaboral destos colectivos, parten da carencia de moitas habilidades básicas para socializarse e por conseguinte para a súa inserción laboral, como: 
unha hixiene persoal axeitada, posibles adiccións, entornos persoais e familiares desestructurados, baixa autoestima, autocoñecemento da súas capacidades formativas e profesionais realistas, habilidades para a resolución de conflictos que poidan surxir no posto de traballo ao que aspiran, diferenciación da linguaxe a empregar en función do/a interlocutor/a coa que estén, carecer de acreditación para traballar en españa, idioma, etc.

Partindo desta realidade, cabe preguntarse ¿cómo mediar para a inserción laboral destes colectivos? ¿basta con dar unhas indicacións sobre a realización do currículum e sobre os recursos do seu entorno? O que me leva a ¿está a administración preparada para facilitar a inserción destos colectivos? ¿qué tipo de medidas adopta para a súa inserción?
Estas e moitas preguntas, me xurden sobre este tema. E coido que, podendo pecar de ter unha visión negativa, a realidade que percibín non era moi alentadora.
O Estado esta a ofertar un servizo de orientación laboral mediante o Servizo Público de Emprego de Galicia, no que se ven orientadoras e orientadores abarrotados de citas para poder orientar a persoas en moi pouco tempo. A cantidade de persoas que teñen adscritas ao servizo en moitos casos fai difícil o seu seguimiento. Polo que o Estado, na súa política de Privatización, estalle dando cada vez máis funcións a empresas externas como centros colaboradores para que suplan as carencias da Administración.
Ditos centros colaboradores realizan funcións de intermediación laboral, e Orientación laboral. 


Medidas adoptadas para colectivos vulnerables  
Pero ¿Que medidas concretas se están adoptando para os colectivos en risco de exclusión? É certo que a nivel económico o Estado proporciona axudas e bonificacions que proveñen do Fondo Social Europeo para facilitar a contratación de diversos colectivos en risco: especialmente "ninis" e xóvenes na actualidade, persoas maiores de 45 anos, mulleres víctimas de violencia de xénero...
Non obstante, as Entidades de Ámbito social, como ONG, Asociacións, ... mediante subvencións do Estado foron as encargadas de poder brindar o soporte para dotar de capacidades personais, sociais, e económicas en moitos casos para poder favorecer a inserción social e laboral de moitas persoas con dificultades para a súa integración na sociedade:
Mulleres en situación de exclusión social entre as que se atopan as mulleres víctimas de violencia de xénero, persoas maiores sen recursos, persoas discapacitadas, refuxiados/as, inmigrantes, infancia e xóvenes en dificultade social, persoas drogodependentas, persoas sen fogar.


Terceiro Sector
Función realizada polo denominado Terceiro Sector, encargado de dotar o soporte activo para a inserción sociolabral destes colectivos. Que coa chegada da Crise, o Terceiro Sector foi un dos primeiros sectores en sufrir os Recortes. Traendo consigo repercusión sociais e económicas moi negativas tanto para distos colectivos, como para o desenvolvemento social e económico de España.  
A pobreza ten unha vision multidimensional (carencia de recursos para satisfacer as necesidades básicas) e a exclusión social (proceso de pérdida de integración ou participación das persoas na sociedade e nos diferentes ámbitos económico, político e social).
Unha persoa en desemprego e sen recursos económicos, non é necesariamente exluida, so ten problemas laboral e económico que se resolve aportándolle os recursos e mecanismos para obtelo. Pero unha situación distinta ten unha persoa desempregada de longa duración que pode derivar en múltiples procesos asociados á exclusion (pérdida de vivenda ou do permiso de traballo, estigmatización social....)
Trátase polo tanto, dun fenómeno multicausal e complexo que se debe de abordar dende unha estratexia "holística", co obxeto de promover a inserción social das personáis afastadas do mercado laboral. 


Propostas do Estado para loitar para avanzar cara a defensa do Estado de Benestar 
Para abordar esta situacion, o Goberno publicou o Plan Nacional de Acción para a Inclusión social 2013-2016, para avanzar cara a defensa do Estado de Benestar, para asegurar a sostenibilidade e viabilidade do sistema de protección social, dando respostas ás necesidades derivadas da pobreza e exclusión social que se acentuaron coa crise económica, no marco da Unión Europea que marcou a súa Estratexia 2020 para o crecemento intelixente, sostible e integrador.
Que ten como fin favorecer a activación dos colectivos en risco de exlusión social e que propugna a perfecta coordinación entre as políticas de emprego e as políticas sociais.

¿Esta exposición de boas inteción será unha arma eficaz para loita contra a exclusión social? Só nos queda esperar para ver como se resolven estas medidas, e fomentar unha actitude crítica por parte da sociedade, como axentes activos capaces de tomar partido para loitar polas inxustizas sociais que vivimos no noso entorno, e avanzar cara a España na que queremos vivir.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios